17 de Maio, Día das Letras Galegas, María Mariño.
MARIA MARIÑO (Noia 1907-O Courel, 1967)
Son a suma total
Son a suma total
daquel que foi medindo
a pegada aquela que non digo,
pegada que soia se puxo o seu nome.
Son resta da esperanza -diferencia quedou-
Multiplicada xa nacín,
pra qué dividirme agora?
San, enteira voume indo,
san, enteira vou quedando,
o paso xa me cederon,
inda que o camiño se vira,
vaise virando en duro,
as pegadas ben se ven
vense volcar nas penas,
liman os picos dos montes,
raxan a cume i o mar,
raxan as alturas todas,
raxan a neboa,
raxan o sol,
ráxanse todas nunha,
ésta cínguese
vaise cinguindo.
¡Terra, alma dona¡
Pegada que soia
se puxo o seu nome.
MARIA MARIÑO, “Verba que comenza” 1963
Versión musical interpretada por Manoele.
DESCARGAR SELECCION DE POEMAS (Pdf – 19 Kb)
Invítame a un café

Boas Sof!
Alégrome moito de que te lembrases de que mañá é o día das nosas letras.
Un día máis… se non fose porque é festivo, e é momento de loubar mil e unha veces a lingua galega, cal morta que está a piques de entrar no nicho. O que eu denomino canto fúnebre cando o único que intenta é o paripé folclórico de recuperación da lingua.
Os xornais, máis un ano, encheranse mañá de loubanzas para que pasado mañá se volten a esquecer dela como medio de comunicación. Mesmo, de seguro que La Voz de Galicia traerá unha portada en galego e intentarán ser mañá os máis galeguistas, que non nacionalistas, tampocouco cómpre pasar a raia.
Nestes momentos é cando @s que a defendem@s resto do ano e a utilizamos nas nosas interaccións diarias non somos tan “inimig@s do idioma” (lembrando unhas palabras que non hai moito me dedicou un cidadán), mesmo parece que ninguén se ofende de que haxa un día festivo en conmemoración (nunca mellor dito) das letras galegas, nin sequera xente que promove iniciativas tais como as de “tan gallego como el gallego” que, se tan consecuentes son, que se manifesten porque é indignante que este día sexa festivo e se chanten nas portas dos seus marabillosos traballos para exixírenlles ás empresas a inmediata apertura ante semellante celebración (!!!!).
Podería divagar durante moito tempo sobre os pros e os contras da celebración deste día, máis como xa tes un visitante, Fran, que divaga por tod@s @s demais, non gostaría de pecar do mesmo.
Só me gustaría subliñar a imporatncia que, máis aló do día das letras galegas, supón a recuperación da historia das mulleres galegas, sexan escritoras ou non, que ficou reflectida no dicionario que non hai moito saíu do prelo grazas a Aurora Marco, comezando a pagar así, unha moi pequeniña parte da cota que aínda lle queda á historia, non só galega, senón tamén universal, das mulleres, sempre relegadas a un segundo plano, non só polo sometemento e ocultación do mundo masculino, senón tamén por unha historia sempre contada polos homes.
Chegou o momento da recuperación da memoria feminina porque nós tamén participamos na conformación da historia.
Saúdos!
`·.¸¸.·´´¯`··._.·
Non sei como se pode defender tanto unha lingua e o mismo tempo darlle tantas patadas como as que lle das coa chorrada esa das @, sinceramente.
As linguas son, fundamentalmente, medios de comunicación que se utilizan para FALAR, a escrita é un plano que non ten nada a ver coa mellora do status do galego, que é ao que eu aludo no meu comentario.
O problema do sexismo do lingí¼ístico, obviamente, non é exclusivo do galego, senón dunha, até o momento, predominante óptica masculina da realidade que fica reflectida na linguaxe.
Patadas, voltando á nosa lingua, dállas quen hoxe a utiliza ritualmente e mañá xa se esquece dela até o ano que ven, eu, o único que fago, é reclamar os meus dereitos lingí¼ísticos como muller e intentar non ser invisibilizada tamén lingí¼isticamente.
As pequenas ou grandes mudanzas na sociedade comezaron así, cunha morea de detractor@s, e, moitas delas están totalmente asumidas por unha grande parte da poboación na actualidade. A cuestión de xénero irá pasiño a pasiño, hai un obvio problema que parte da educación, senón sería incomprensíbel que vos tirásedes a min, cal cans e cadelas doentes, cada vez que pretendo visibilizar lingí¼isticamente ás mulleres…
Saúdos
Por usar o masculino como xénero non marcado non estás a marxinar o xénero feminino, nin moito menos. Trátase soamente de economia linguística: si se pode decir o mesmo con 5 palabras, para que empregar 10?
Precisiamente por economia linguística utilizas ti mesma o @ en vez de poñer, por exemplo, “moitos e moitas”, que inda que pedante, polo menos é correcto en galego e para o teu discurso viría a ser igual.
E si por falar e escribir a lingua que aprendín dos meur pais e avós resulta que son un machista pois dacordo, o que ti digas. í‰ unha gran maneira esa de cambiar as cousas e dar pasiños cara adiante, o insultar (porque para min machista é un insulto) os que simplemente teñen unha opinión distinta da tua.
E xa para rematar, ¿en serio que no haberá cousas mais importantes para acadar unha verdadeira igualdade entre homes e mulleres que esta?
a min esta discusionxa me soa de antes….eu estou dacordo con valen (en case todo).