HORA EXACTA en Galicia (por el momento):
?>
Primeira convocatoria de cursos de formación en lingua galega do Celga
Escrito el día 25 de Agosto de 2007 a las 1:02 am ~ Archivado en: Comunicados
Etiquetas: ,

E LogoA Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de convocar cursos de formación nos niveis Celga 1 e Celga 4, que se realizarán ao longo do último trimestre deste ano.

Nesta primeira convocatoria, impartiranse un total de 85 cursos de formación nas localidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Burela, Ourense, O Barco de Valdeorras, Pontevedra, Lalín e Vigo, así como noutras que se elixirán en función das solicitudes presentadas. Así pois, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos suxírevos que no momento de cubrir a vosa solicitude indiquedes BETANZOS onde di LOCALIDADE ONDE O DESEXA REALIZAR. Deste xeito conseguiriamos darlle continuidade á realización dos cursos de lingua en Betanzos e que os solicitantes da nosa comarca non tivesen que desprazarse á Coruña para realizalos.

Características dos cursos:

- destinatarios/as: maiores de 18 anos
- duración: 75 horas (60 presenciais + 15 tratamento individualizado)
- data: setembro – novembro 2007
- custo: gratuito
- recoñecemento: título validado pola Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia
- asistencia: asistencia obrigatoria / faltas permitidas: 10 % da duración total do curso
- prazo de inscrición: ata o 12 de setembro de 2007
- información e solicitude: Diario Oficial de Galicia do 22/08/2007. Anexo

Certificados de lingua galega 1 e 4

O novo sistema de certificación da lingua galega, que substitúe os cursos de lingua galega oral, iniciación e perfeccionamento, estrutúrase en cinco niveis de coñecemento.

O Celga 1 acredita unha competencia no uso da lingua para satisfacer as necesidades de comunicación máis básicas. É o nivel máis baixo.

O Celga 4 proporciona unha competencia no uso do galego suficiente para expresarse con fluidez e espontaneidade na maior parte das situacións comunicativas. Este nivel equivale ao que antes se denominaba perfeccionamento.

Difundido queda.


?>
Manual básico de documentación administrativa
Escrito el día 12 de Julio de 2007 a las 2:35 pm ~ Archivado en: Comunicados
Etiquetas: ,

galegoMónica Baleirón, del Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, nos envía el siguiente correo:

Ola a tod@s. Como hai unha chea de xente que ultimamente solicitou información sobre modelos de documentos (debemos estar en época de redacción de memorias, ou cousas do estilo), vouvos enviar un manual de documentos administrativos moi práctico para que elaboredes os vosos documentos.

Trátase do Manual básico de documentación administrativa que editou a Xunta de Galicia hai uns anos. A última edición é de 2006, pódese consultar en formato papel e en formato electrónico, ofrece modelos de documentos cos actuais logos e consellerías da Xunta de Galicia e está adaptada ao cambio normativo que houbo en 2003.

É un bo manual, moi práctico, moi fácil de usar e moi recomendable para erradicar as formas rancias e discriminatorias da linguaxe administrativa tradicional. Ofrece unha breve descrición do tipo de documento, a base legal que establece a súa estrutura, unha explicación de cada parte de documento e un exemplo dese tipo de documento. É o manual que se emprega nos cursos de linguaxe administrativa e o que se emprega en toda a Administración autonómica.

Así que, tod@s @s que teñades que facer actas, solicitudes, memorias, informes, recursos, certificados… tedes nas mans un manual moi bo que vos pode axudar no voso traballo. Espero que vos sexa útil.

Pues bien, se agradece que desde el Concello haya alguien con la suficiente inteligencia como para darse cuenta de la creciente importancia de Internet como medio de comunicación con el “pueblo llano”. Enhorabuena. Y gracias.

Así que podeis descargároslo aquí: Manual básico de documentación administrativa 2ª edición [2006]. PDF, 3,5 Mb.

Pues bien. Rebuscando por ahí también he encontrado otros documentos muy interesantes para el uso del galego que incluyen muchos diccionarios, correctores ortográficos e, incluso, la magnífica suite ofimática gratuita OpenOffice en galego. El enlace es éste: Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia ==> Diccionarios, léxicos, glosarios e outros recursos.

Entre ellos destaco el Diccionario de SMS en galego. Una joya para poder escribir un discurso de investidura (por ejemplo) o una declaración de amor eterno en un sólo mensaje de texto. Permite, incluso, hacer indagaciones tan interesantes y rápidas como ésta:

hx.btyn?

bcsmil aprts e ata 1 :@

talogo